11/06/07

POR QUÉ UN BLOG


"o violín do Becho" é, en principio, un blog galego para violinistas.
o noso propósito é reflectir as numerosas matinacións ás que pode dar lugar o exercicio dos oficios de violinista e de profe cando se levan 45 anos tocándoo e 30 ensinándoo, e abrir un espacio de diálogo ao respecto.
a súa nai (a do blog) nunca antes tentara dar a publicidade esas reflexións, por entender que o mero feito de traballar en algo e saber algo acerca dise algo, non me daba dereito a especial notoriedade.
afortunadamente, a vida evolúe, e hoxe, internet mediante, son millóns as xentes que comparten os seus pensamentos e vivencias con quen quera asomarse a coller e/ou aportar. de xeito aberto e gratuito.

hai moitísimas persoas que me ergueron no meu oficio, (pais, mestres, irmá, e non nun último termo, alumn@s). centos de alumnos dos cales moitos son xa profes, outros excelentes instrumentistas, e outros moitos, bós afeizoados, ou simplemente, xente que garda unha lembranza alegre e positiva do seu achegamento ao violín.

tod@s el*s, o saiban ou non, teñen sido mestres para min, tod@s en igual medida. de feito deume tanto @ máis brillante deles, coma os paxariños que oín cantar de bebé, ou coma a miña nai, que cantaba zarzuelas mentras cociñaba cando eu estaba na súa barriga.

creo que lles debo algo a tod@s, e compartir tres ou catro arquivadores, cheos a estoupar de apontamentos tan apaixoados e entusiastas como desordeados, non é mais que empezar a intentar compensar o moitísimo recibido e aprendido.

6 comentários:

Anónimo disse...

milonga de andar lejos

Anónimo disse...

Viva!
45 años tocando...
30 enseñando...
y cuantos redactando su blog ????

espero que muxos!!!

( espero que no me mates por escribir en Castellano en un blog galego XDDD )

Anónimo disse...

hola Lauriña!
noraboa polo blog! Paréceme unha boísima idea, pero cómo que é un blog galego para violinistas? e os teus pianistas qué?
un bico moi forte

Anónimo disse...

encántame o teu blog, laura. fáltalle tanto do teu (deso que é necesario para a vida, para ser feliz, e por suposto para tocar ben o violin e disfrutar del) a tantos profes...

Anónimo disse...

encántame o teu blog, laura! fáltalle tanto do teu (deso que sirve para a vida, para ser feliz e por suposto para tocar ben o violin e disfrutar del) a tantos profes...

Anónimo disse...

prazer leer no teu blogge, ponho-te de enlace destacado no meu

amor, humor, respeto e luita social!