13/06/07

A ESCALA

do mesmo xeito que o corpo humán contén auga nunha altísima porcentaxe, a música occidental, tanto a chamada "culta"como a que chamamos doutros xeitos
contén no seu corpo unha considerable proliferación de escalas. polo tanto, debería de ser casi incomprensible a cara de comer limón que se lle pon a numeros@s estudantes cando @s profes queremos escoitar "a escala". pero todo o mundo sabe por qué iso acontece.
polo pronto, suponse que a escala que queremos ouvir é a diatónica, maior ou menor, e se hai un pouco de sorte, tamén uns arpexios. nunca se pensa que podemos querer escoitar outra escala.
unha pentatónica, ou modal, de cuartos de tono, de jazz , ou unha escala fabricada pol@ alumn@ según criterios da súa elección ou preferencia estética.
para seguir, cabe prever que queremos ouvila totalmente despoxada de expresión e sen senso musical algún. unha conclusión primaria pero razoable, é que o que queremos @s profes é presenciar a execución dunha escala fea. ¿SERÁ ISO CERTO?

1 comentário:

Anónimo disse...

a escala é unha abstracción extraída da realidade,da música existente. non existe a priori, é unha representación e xeneralización como pode selo o sistema métrico decimal, que reduce a realidade a expresións numéricas.é preferible que a escala a construa o propio alumno a partir dunha peza ou obra, que realice él mesmo o esforzo de abstrcción, que non delegue esa tarefa en flesch ou grigorián