12/06/07

A TÉCNICA


técnica é, din os que saben, o xeito de facer unha cousa. moitas persoas poden facer algo de xeito similar, nunca idéntico. pero ademáis, cada cousa farase, dirase, de moi distintos xeitos según o momento. a técnica semella non ter total independencia duns determinados fins comunicativos. ¿hai unha técnica abstracta para decir "ven aquí, neno"? ¿ou hai unha técnica para decilo a primeira vez, outra levemente distinta para, se non houbo resposta, repetir a demanda, e outra, totalmente diferente, a terceira, que xa non é pedido senón expresión de impaciencia?. cando nos propoñemos deliberadamente non ser expresivos no noso xeito de tocar, privamos, quizás temporalmente do seu "xeito de ser" ou mesmo da súa "razón de ser" ao son do violín.

volvemos pois ao terreo das preguntas. ¿para qué, por qué, fago as escalas, as notas longas, as oitavas dixitadas, o staccato? e, un pouco en función diso, ¿cómo os fago? ¿dónde remata a técnica e empeza a música, no caso de que realmente sexan cousas distintas?

2 comentários:

Anónimo disse...

peixe-espada

Anónimo disse...

Otra pregunta para añadir :

¿ Donde remata a música e empeza o concurso ?
( Refiriéndose a las "audiciones" de escalas..., fíjate en que también tiene sentido leyéndose sin interrogantes! :O )

Se a técnica é o xeito de facer unha cousa, a mellor forma de facela entón debe ser facela con xeito ;P