11/06/07

POR QUÉ "O VIOLÍN DO BECHO"


este blog leva o nome dunha canción do cantautor uruguaio Alfredo Zitarrosa, na que, homenaxeando a "el Becho",( lexendario e excelente violinista da bohemia montevideana) Zitarrosa sitúa significativas metáforas arredor do quefacer artístico, metáforas que comparto de corazón.



xa que logo, e ao abeiro da figura do Becho, iréi disculpando a miña desorde, a miña lentitude, as miñas grallas ortográficas, o meu inexistente dominio do ordeador, e os excesos da paixón ou do entusiasmo. por moi rotundas que semellen as miñas afirmacións, sempre levan implícita unha dúbida. penso que a capacidade de dubidar é o único feito capaz de dar certa credibilidade á honradez das conviccións.

a idea é mirar a ver se facemos da música, da súa aprendizax-ensino, e se cadra, da propia vida, unha percura dos mesmos valores que deberían de garantir, se damos feito a tempo, a superviven- cia do planeta e do xénero humán.
o proceso de (a) recibir-crear-compartir podería se cadra liberarnos da noria do penoso (b) consumir- producir-competir, con grandes avantaxes para a saúde mental de tod@s.

e creo que a primeira das fórmulas descritas, soa mellor en violín.

3 comentários:

Anónimo disse...

Harás algún día un especial de "El Becho" ?
Estaría muy interesante... ;)

usuário disse...

podes saber mais sobre el becho en esta url:
http://es.wikipedia.org/wiki/Carlos_Julio_Eizmendi

usuário disse...

e para coñecer a canción simplemente busca en google "el violin de becho"