12/06/07

É QUE HAI PALABRAS...


¿non vos soa eso de "dominar" unha técnica, unha pasaxe, ao propio violín? como se fósemos domadoras de feras, ou como se o violín fose un ente desalmado e cruel. quén sabe se non sería preferible partir da percepción do violín como esa "mariposa marrón de madera" da que fala zitarrosa na súa canción. teño un mestre, un amigo, Jorge Risi, que adoita facer fincapé sobre o poder que exercen as palabras sobre as nosas percepcións. igual era bó lembrar máis frecuentemente que o violín foi inventado para darnos pracer e compartir pracer, algo que as institucións "educativas" frecuentemente esquecen, ou parecen esquecer. e qué bonito que é o condenado... (vaia, outra palabra...)

Sem comentários: