12/06/07

ANTES QUE NADA


estaría ben preguntarnos algunha vez a nós mesmos, qué fago eu eiquí, por qué toco o violín ou o instrumento que sexa. para qué. para quén. (aparte, claro, de para gañar a vida, que non é pouca cousa...) esa pregunta, a conta de semellar ser obvia a sua resposta, permanece ás veces tempo e tempo sen ser respostada. e esa resposta, o feito de que exista ou non, o tipo de resposta que sexa, determina quizáis os rasgos fundamentais do noso quefacer musical. en realidade, sería suficiente coa pregunta. unha pregunta é algo en sí máis aberto que unha contestación, máis cheo de posibilidades. por qué, para qué, para quén tocamos. cada día, a cada hora, a resposta pode ser diferente. habería que renovar a pregunta e comprobar as variacións da resposta.

Sem comentários: