15/01/08

ANÁLISE E SÍNTESE EN VIOLIN

moit@s, se non tod@s, temos experimentado o que é , mentras tocamos un instrumento, pensar a unha velocidade moi superior ao que podemos permitirnos. esto adoita acontecer mentres tocamos en situación de stress. un/ha pensa, nota a nota, xesto a xesto, todo o apresa que pode, e... non dá feito. dándolle voltas a este tipo de situacións, merece a pena lembrar que o noso cerebro actúa de alomenos dous xeitos moi distintos. (hai quen atribúe cada un deses xeitos de funcionamento a un dos hemisferios do cerebro. segundo estes, o hemisferio dereito especializaríase nas funcións intuitivas, globais, sintetizadoras, mentres que o esquerdo faríao no racional, verbal, numérico, e analítico. espero non trabucarme. pola outra banda, hai quen asigna as funcions intuitivas, etc, ás zonas mais profundas e antigas do noso cerebro, e as racionais etc, ao neocortex, zona superficial e mais recente dende o punto de vista evolutivo). non é a miña intencion entrar na análise distas teorías, labor que me superaría en moito. o que eu quixera é salientar que con gran frecuencia, o noso modo de estudar un instrumento está supeditado a criterios e vivencias racionais que, sendo de grande utilidade para comprender os fenómenos técnicos e trazar estratexias para a súa solución, son en cambio de todo punto inútiles á hora de crear ou evocar imaxes artísticas.
o exemplo que máis fácilmente me ven á cabeza mentras escrebo, é o proceso polo cal @ nen@
comeza a ler. ve, unha a unha, sílabas que, unha a unha procesa, identifica e pronuncia. algunhas semanas ou meses mais tarde, en troques, o seu cerebro "ve" a mancha da palabra e máis tarde, a da frase, que é capaz xá de ler sen segmentar, por identificación global, aprehendéndoa toda e podendo "entrar" nela, interpretála.
os pequenos feitos psicofisiolóxicos que compoñen o feito de tocar o violín, como compoñen probablemente toda actividade humana, cóntanse non sei se por centos, miles ou máis.
como violinista sei que, se quero facer unha pasaxe rapidísima composta de moitas notas,
non podo tocar ben a pasaxe concebíndoa como unha serie de numerosas notiñas. o que sí podo,en troques, é vela, como unha mancha, e lanzarme a ela como quen dá un manotazo global. pero o caso é que en determinadas circunstancias, antes, e para conquerir esta capacidade, teño necesidade perentoria de analisar, de determe e preguntarme cousas, incluso a nivel verbal, organizar as miñas estratexias e adquirir as habilidades necesarias paso a paso, racional, gradual e organizadamente.
vexo o estudo do violin-profesión como un proceso de dúas caras que teñen que estar a ser usadas en constante oscilación:
1. estudo analítico, 2. tocar-xogar sen pensar, e de novo 1. análise consciente, e outra volta 2. síntese -xogo.
eso fai posible que un/ha disfroite nun escenario soportando unha dose de risco e de irracionalidade. hai unha insuficiencia en xogar sempre sen se deter a reflexionar, e é a chapuza. hai outra insuficiencia en reflexionar sempre: é imposible. e se non coñecemos o "outro estado", o do xogo abarcador e arriscado, con suficiente familiaridade, tendemos a sacralizálo como milagre da inspiración, e non podemos invocalo con sinxeleza cando nos é necesario.

2 comentários:

Anónimo disse...

Acabame de impresionar leer o teu blog. Segundo ia lendo mais me daba conta do cerca que esta da minha experiencia personal como violinista que situaria dentro da tua analise-clasificacion como "chapuza".

A pregunta que quero facerte é:

"é necesario ir a clase para progresar rapidamente co instrumento?"

atentamente, brais

usuário disse...

ola brais. benvido ao blog. dime, ¿por qué queres progresar "rápidamente" no instrumento?
ointe grabado, a túa "chapuza" está chea de vida.
vai a clases se tes atrancos, dúbidas, etc. pero quen toca, seguirás a ser tí. non sei se che dei respostado. saúde.
laura.