27/06/07
A TÉCNICA, 2
desgraciadamente, a percepción que temos a priori e incluso a posteriori, respecto do conxunto de prácticas propias do noso entrenamento, é a de un prezo a pagar para poder facer música, idea discutible. a suxeción da arte á lóxica de mercado obriga, porén ao/á profesional a manter un nivel alto de rendemento físico. xa post@s a vivir da música, necesitamos pois facer da técnica unha vivencia básicamente pracenteira. para atopar esa fórmula penso que é bó pensar no feito técnico como nunha fonte de pracer de seu. como nun deporte, unha arte, un proceso creativo. deporte como goce do corpo que respira en movemento.arte como percura da fluidez e a beleza dos movementos, como deseño dunha coreografía.creación non conformándonos có que se merca feito nos manuais. tod@s somos quén de inventar os nosos propios exercicios, ou de adaptar os que preexisten de xeito innovador. trátase de facer noso aquelo que facemos seguindo consignas chegadas de fora. apropiarnos disas consignas, reinterpretalas.
19/06/07
18/06/07
¿UN BLOG GALEGO "SÓ" PARA VIOLINISTAS ?

o becho ven de recibir un comentario dunha amiga pianista, no que interroga se ese "para violinistas" do texto inicial é excluinte. a resposta é "claro que non". pero a pregunta dá mais xogo ca ise. o asunto é investigar se as cousas de violinistas, matemátic@s, pianistas, cociñeir@s e albaneis, son ou non parecidas no esencial. outra boa pregunta para facernos é a de cántas veces ao día o aprendido para ou po-lo instrumento en cuestión é de utilidade para a solución dun problema ou tarefa extra instrumental. é decir: o blog está aberto a calquera que teña traballado ou traballe coas mans, é dicir, a case que tod@s. é dun gran interés que as persoas que compartimos unha certa idea acerca de cómo vivir, traballar e compartir o vivido, poñamos en común opinións, sensacións e sentires.
14/06/07
TOCAR "POR RIBA" DUN CD, (OU: A BONDADE DO ERRO)

tocar o violín mentres escoito música, tentando de "entrar" no que escoito, é algo que non me atrevín a facer durante moitísimos anos. ou igual é que non se me ocorréu. o caso é que o fixen de "moi adulta", cando xa perdera o medo de inventar, o medo a que algunha das notas que eu producía non quedara "bonita". supoñíase que xa tiña aprobada a armonía, polos pelos, pero aprobada. o malo é que temos unha especie de temor ao erro que nos impide probar algo novo, pisar herba fora do carreiriño. partimos da base de que as cousas (?) apréndense por turno, unha detrás da outra. e querémolas facer "ben"(?) ou se non, non facelas (!). creo que unha das creencias mais útiles que adquirín en toda a vida, é que para facer algo ben, primeiro hai que facelo mal, e non asustarse. repetir o intento, e se volve a non sair, rir de sí mesm@ pero con bonachonería, e volver a intentalo. o erro é un momento privilexiado no proceso da aprendizaxe. é a hora de abrir as orellas e preguntarse qué pasou, por qué pasou e si é realmente tan malo que pasara. e outra cousa que aprendín é que as mellores descubertas que somos quen de facer, é complexo explicar a outr@ cómo as fixemos, porque o que acontece de xeito subconscente non é facil de tirar á superficie. isto viña a que agora disfroito moitísimo tocando "por riba" dun cd de calquera xénero ou estilo, e sufro pouquísimo cando meto unha nota errada. e podo decir que erro moitas menos notas que daquela, cando aspiraba a facelas todas ben...e creo que empezo a entender mellor a armonía que aprendín de estudante, agora que a uso, para pasálo ben, ou chámalle crear. non xa para aprobar exames.
13/06/07
A ESCALA
do mesmo xeito que o corpo humán contén auga nunha altísima porcentaxe, a música occidental, tanto a chamada "culta"como a que chamamos doutros xeitos
contén no seu corpo unha considerable proliferación de escalas. polo tanto, debería de ser casi incomprensible a cara de comer limón que se lle pon a numeros@s estudantes cando @s profes queremos escoitar "a escala". pero todo o mundo sabe por qué iso acontece.
polo pronto, suponse que a escala que queremos ouvir é a diatónica, maior ou menor, e se hai un pouco de sorte, tamén uns arpexios. nunca se pensa que podemos querer escoitar outra escala.
unha pentatónica, ou modal, de cuartos de tono, de jazz , ou unha escala fabricada pol@ alumn@ según criterios da súa elección ou preferencia estética.
para seguir, cabe prever que queremos ouvila totalmente despoxada de expresión e sen senso musical algún. unha conclusión primaria pero razoable, é que o que queremos @s profes é presenciar a execución dunha escala fea. ¿SERÁ ISO CERTO?
contén no seu corpo unha considerable proliferación de escalas. polo tanto, debería de ser casi incomprensible a cara de comer limón que se lle pon a numeros@s estudantes cando @s profes queremos escoitar "a escala". pero todo o mundo sabe por qué iso acontece.
polo pronto, suponse que a escala que queremos ouvir é a diatónica, maior ou menor, e se hai un pouco de sorte, tamén uns arpexios. nunca se pensa que podemos querer escoitar outra escala.
unha pentatónica, ou modal, de cuartos de tono, de jazz , ou unha escala fabricada pol@ alumn@ según criterios da súa elección ou preferencia estética.
para seguir, cabe prever que queremos ouvila totalmente despoxada de expresión e sen senso musical algún. unha conclusión primaria pero razoable, é que o que queremos @s profes é presenciar a execución dunha escala fea. ¿SERÁ ISO CERTO?
12/06/07
A TÉCNICA
técnica é, din os que saben, o xeito de facer unha cousa. moitas persoas poden facer algo de xeito similar, nunca idéntico. pero ademáis, cada cousa farase, dirase, de moi distintos xeitos según o momento. a técnica semella non ter total independencia duns determinados fins comunicativos. ¿hai unha técnica abstracta para decir "ven aquí, neno"? ¿ou hai unha técnica para decilo a primeira vez, outra levemente distinta para, se non houbo resposta, repetir a demanda, e outra, totalmente diferente, a terceira, que xa non é pedido senón expresión de impaciencia?. cando nos propoñemos deliberadamente non ser expresivos no noso xeito de tocar, privamos, quizás temporalmente do seu "xeito de ser" ou mesmo da súa "razón de ser" ao son do violín.
volvemos pois ao terreo das preguntas. ¿para qué, por qué, fago as escalas, as notas longas, as oitavas dixitadas, o staccato? e, un pouco en función diso, ¿cómo os fago? ¿dónde remata a técnica e empeza a música, no caso de que realmente sexan cousas distintas?
Subscrever:
Mensagens (Atom)
